| A Mariña norteamericana recoñece a importancia do Software Libre |
|
|
|
| escrito por UDC o Venres, 08 de Xuño do 2007 | |
|
Desde onte, día 7 de xuño, o Departamento da Mariña dos Estados Unidos adoptou unha nova política que obriga a que o Software Libre se teña en consideración en cada adquisición de software que realice a Mariña. O informe recoñece expresamente a importancia do Software Libre para a defensa e adopta as medidas oportunas para corrixir as interpretacións equivocadas dalgúns conceptos regulamentarios que viñan impedindo até o de agora a súa consideración como opción de compra. Fonte:linux.com
Artigos relacionados |





















