| A Mariña estadounidense anuncia que só adquirirá sistemas abertos |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 27 de Marzo do 2008 | |
|
Esta decisión responde a varios motivos, entre eles o desexo de prover aos combatentes das capacidades máis recentes e controlar os custos operativos das súas tecnoloxías da información, segundo o vicealmirante Mark J. Edwards, Subxefe de Operacións Navais para Redes de Comunicacións da Mariña de EE.UU.
Con estas palabras anunciaba o alto responsable militar a decisión da Mariña de adquirir unicamente sistemas baseados en tecnoloxías e estándares abertos. Segundo as súas propias palabras “Os días da tecnoloxía propietaria deben chegar ao seu fin. Nunca máis aceptaremos sistemas que axusten hardware, software e datos”, por outro lado tamén afirmaba que... .."Non podemos aceptar os custos crecentes que supón manter as nosas capacidades actuais. No mercado civil ocorre xusto o contrario: algúns reducen os seus custos no 90% á vez que aumentan o rendemento (...) E por encima de todo, debemos romper as limitacións á mobilidade dos nosos datos, de forma que podamos compartilos a través de diferentes dominios". Fonte: Kriptopolis.org Artigos relacionados |





















