| A Junta de Extremadura saca a concurso a versión LinEx Sector Público |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 28 de Maio do 2008 | |
|
A Junta de Estremadura anunciou que saca a concurso o proxecto de modernización da coñecida versión de LinEx que utilizan os empregados públicos. Desta forma, o goberno estremeño xa decidiu cara a onde orientar a evolución do LinEx SP (Sector Público), a versión da distribución estremeña de 'software' libre destinada a servir de plataforma tecnolóxica desde a que suplir completamente ao 'software' propietario nos 10.000 equipos informáticos que utilizan a diario os empregados públicos no sistema administrativo estremeño. O LinEx SP será, xa que logo, o que se chama 'cliente lixeiro de rede', unha versión derivada do LinEx estándar á que se alixeirou de todos aqueles paquetes de 'software' non relacionados co desempeño de tarefas de tipo administrativo...
Segundo a Junta, con isto pretende adecuar as características da distribución ás necesidades presentes e futuras do sistema administrativo estremeño. Entre estas características atópanse a estandarización das ferramentas tecnolóxicas a disposición dos empregados públicos e o axuste da configuración a un modelo de conectividade baseado nun sistema LDAP (Lightweight Directory Access Protocol) capaz de identificar onde se atopa cada computador, entre outras cousas. Segundo a Junta, a nova versión xa non estará baseada no 'kernel' da veterana Debian Sarge senón en Debian Etch, ao que se engadirán as actualizacións de Debian Lenny que sexan posibles. O desenvolvemento de LinEx SP 2.0 atópase en proceso de adxudicación. O investimento, en principio, ascende a 204.000 euros, e inclúe o mantemento por un ano da versión testada, a actualización de repositorios, soporte de 'hardware' e corrección de erros. Fonte: http://www.elmundo.es Artigos relacionados
|
















