Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow A Junta de Andalucía investirá 700 000 euros en proxectos baseados en Software Libre
A Junta de Andalucía investirá 700 000 euros en proxectos baseados en Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por UDC o Venres, 03 de Agosto do 2007

A "Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa" está a promover o desenvolvemento da administración dixital en Andalucía a través da Orde de incentivos á innovación e modernización das administracións locais, que desde a súa posta en marcha no ano 2006 apoiou un total de 56 proxectos na provincia de Córdoba. O logro do obxectivo pasa por unha notable reorganización dos propios procedementos e dos procesos municipais, así como pola incorporación de estándares de Software Libre para o desenvolvemento de novas aplicacións co fin de evitar o actual pagamento de custosas licenzas.

A adopción do Software Libre nos sistemas da administración, segundo destacou o delegado provincial de Innovación, Andrés Luque, non só permite incorporar novas aplicacións desenvolvidas por outras entidades locais a través desta orde de incentivos sen custo ningún, senón que contribúe a concentrar os recursos locais no desenvolvemento de novos servizos innovadores para a cidadanía e a ampliación dos existentes.


Fonte da nova e máis información en: La Flecha




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement