Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Políticas e iniciativas arrow A Dirección dos Boletíns Oficiais de París migran 600 terminais a OpenOffice.org
A Dirección dos Boletíns Oficiais de París migran 600 terminais a OpenOffice.org PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 07 de Maio do 2008

Un concello lituano promove o emprendemento local con cursos de OOo

Un total de 600 terminais da Dirección dos Boletíns Oficiais (Direction Journaux Officiels, DJO) de París migrarán ao paquete de ofimática libre, OpenOffice.org. Esta entidade é a responsable da publicación e a difusión da lexislación e normativa oficial, os debates parlamentarios e as publicacións legais en París.

A DJO decidiu cambiar a OpenOffice.org despois do éxito colleitado co proxecto piloto desenvolto ao longo do pasado ano. Segundo esta iniciativa, vinte membros do cadro de persoal da institución probaron nos seus computadores a alternativa ao software privativo. A finais do pasado mes, a DJO anunciou a contratación dunha empresa especializada para a prestación de soporte na migración total. 

A Dirección da entidade espera completar a iniciativa nun total de 18 meses. O proceso realizarase de xeito progresivo, distribuíndose en diferentes fases. Na seguinte etapa do proxecto instalarase xa OpenOffice.org en todos os computadores persoais. Na última fase xa serán convertidos a formato libre todos os documentos.

Segundo a publicación da DOJ o orzamento total para a migración rondará os 42.000 euros. Isto significa que o coste por terminal non superará os 70,5 euros, incluíndo no mesmo o custe do persoal formador.

Cursos de OpenOffice.org en Lituania

Tamén no ámbito europeo, co obxectivo de incrementar a competitividade do tecido empresarial da zona e promover o dinamismo na administración local, o concello lituano de Ogre está a impartir cursos gratuítos de OpenOffice.org.

A iniciativa de formación está dirixida a todos os membros da administración pública, aos empresarios locais e, en xeral, a toda a poboación do municipio, a cal xira en torno aos 27.000 habitantes.

O departamento de novas tecnoloxías do concello, o Ogre PVIS Centre, foi o promotor destes cursos que terán como meta palpable incrementar o número de negocios locais que operen sobre Software Libre.

“Queremos explicar que é OpenOffice.org e que é o que o fai diferente do resto de aplicacións de ofimática”, asegura o coordinador do PVIS Centre. Os responsables amosarán como facer presentacións, como traballar con follas de cálculo e como elaborar documentos de texto.

 

Fonte: IDABC  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement