Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
A Consellería de Traballo escolle Plone para o seu portal PDF Imprimir Correo-e
o Xoves, 21 de Febreiro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/plone2.pngA Consellaría de Traballo implantou un Sistema de Xestión de Contidos (CMS) baseado en Software Libre para ofertar os seus servizos aos cidadáns.

Nun documento publicado no Tecnimap, que fala da arquitectura do portal da consellaría, pódese ler: ”...Para o desenvolvemento do portal de emprego apostouse fortemente polo uso do Software Libre...”.

O portal foi implementado empregando o xestor de contidos Plone que traballa sobre o servidor de aplicacións Zope implementado na linguaxe de programación Python. Plone foi a escolla para respostar á necesidade de intercambiar información entre os diferentes subsistemas existentes. Botando man de interfaces XML e servizos web (WebServices) é posible integrar os servizos existentes dentro do portal.

 

Outras características dispoñibles en Plone son:

  • Licenza GNU/GPL.
  • Fácil instalación en contornos GNU/Linux, Mac OS e MS Windows.
  • Fácil actualización, administración e inclusión de software de terceiras partes
  • Internacionalización (i18n) e localización (l10n), traducido a máis de 20 idiomas (ficheiros coas localizacións).
  • Optimización para motores de busca (o contido é 100% XHTML e CSS válidos)
  • Usabilidade e accesibilidade, alto nivel de prestacións e adecuación aos estándares de accesibilidade (US Section 508 e W3C's AA)
  • Skinnable, separa o contido da plantilla (template).
  • Workflow e seguridade, control da lóxica do procesamento dos contidos.
  • LDAP, SQL, SOAP, Web Services e WebDAV
  • ... outras características en Plone 3

 

Referencias: 

» Documentación de Plone
» Plone está dispoñible para a súa descarga dende a páxina do proxecto para as distintas plataformas.
» Documento do Tecnimap




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...