| A administración búlgara comeza proxectos pilotos baseados en software libre |
|
|
|
| escrito por UDC o Mércores, 28 de Novembro do 2007 | |
|
Youri Alkalay, o presidente do Departamento de Goberno Electrónico do Ministerio de Estado e Administración, declarou que o goberno búlgaro comezará proxectos piloto con Software Libre. «Estamos a estudar seriamente iniciativas en varias administracións locais para introducir aplicacións de software libre» declarou Youri Alkalay nunha entrevista para a revista Computerworld. Os proxectos pilotos, que comezarán en 2008, servirán para observar canto mellorou o software libre nos últimos anos. Alkalay declarou a Computerworld que a falta de soporte, a migración dos datos e a falta de persoal cualificado foron os motivos que impediron que estas probas piloto se levasen a cabo antes. O ministerio comezará por organizar unha reunión acerca dos proxectos piloto aberta a todos os representantes do goberno, as compañías que traballen con software libre e os membros da comunidade Open Source. Estes proxectos piloto seleccionaranse segundo as presentacións dadas durante a conferencia... Moi poucos administradores de sistemas de Bulgaria teñen experiencia co software libre. O seu uso por parte dos concellos das cidades de Kardjali e Mezdra (dous coñecidos exemplos) resultan aínda insuficientes para a política nacional. Alkalay tamén declarou que lle gustaría unha migración completa, incluíndo equipos de escritorio. Ligazón orixinal: idabc Artigos relacionados
|
















