| ZybaCafe, unha completa suite multiplataforma para a xestión de cibercafés |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 23 de Novembro do 2006 | |
ZybaCafe (antes coñecido coma DireqCafe) é unha suite baseada en Software Libre para xestión de cibercafés.ZybaCafe inclúe unha completa suite administrativa para o servidor, así como os clientes para xestionar o control do tempo sobre os clientes. Tamén inclúe unha potente arquitectura baseada en "plugins" que permite estender facilmente as funcionalidades da aplicación, así como a integración con outros tipo de aplicacións (CRM, contabilidade, etc.)...
A versión estándar usa como xestor de base de datos PostgreSQL, pero segundo os propios desenvolvedores da aplicación, "portala a outros xestores non debería ser difícil". A última versión é a 4.0.3 na que se melloraron moitos aspectos na interface de administración e do cliente, no soporte de impresión e tamén se amañaron algúns erros detectados na versión anterior.
Máis información: A páxina web do autor da aplicación ZybaCafe Páxina da aplicación en GnomeFiles |






















