| Xogo de rallyes Trigger |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 21 de Agosto do 2007 | |
|
Trigger é un xogo de rallye, correndo sen ningún contricante, a contrareloxio e intentando gañar segundos cada vez que se pasa polos checkpoints. Aínda que un detalle non menor é o feito de que conta con soporte para Visión Stereo 3D, é dicir que neste modo e cunhas lentes 3D (as dun cristal azul e outro vermello) podes ver as imaxes con volume na pantalla. O Trigger conta con 6 circuítos de crecente dificultade e 3 coches cos cales correr. Inicialmente poderemos correr soamente con Seat Cordoba WRC, para despois desbloquear o Ford Focus WRC e o Mitsubishi Lancer Evolution VIII. A linguaxe de programación empregada para escribir o simulador de coches foi C++, co cal pode executarse en diferentes plataformas.
Lamentablemente o desenvolvemento deste xogo esta abandonado trala contratación por parte de Sega do desenvolvedor o que lle imposibilitou continuar con novas versións. No entanto publicouse o proxecto en Source Forge para que quen o desexe poida continuar o desenvolvemento. Os requirimentos de hardware son moi pequenos, cpu 400 Mhz, 64 Mb de RAM e unha tarxeta de vídeo con OpenGL.
Sitio oficial en sourceforge: Trigger Artigos relacionados
|
















