Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Xestión bibliográfica e documental con Referencer
Xestión bibliográfica e documental con Referencer PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 20 de Febreiro do 2008
http://www.mancomun.org/images/stories/referencer-logo.pngReferencer é unha aplicación para o escritorio Gnome que axuda a organizar os documentos e referencias. Ademais, permite xerar facilmente un ficheiro de bibliografía de tipo BibTeX a partir deles.

Algunhas funcionalidades de Referencer son:

  • Permite importar desde as bibliografías que teñas xa creadas en BibTeX ou desde EndNote.
  • Soporta etiquetas (tags), para facilitar a procura rápida e organización de documentos.
  • Xestión de enlaces usando os metadatos do documento.
  • Procura automática de metadatos en arquivos PDF con arXiv, PubMed e CrossRef.


Está escrito en Python, e pódenselle engadir complementos escritos nesta linguaxe. Na páxina oficial están as instrucións e enlaces ao programa preparado para instalalo facilmente en varias distribucións (Debian/Ubuntu, Fedora, Gentoo) ou o código fonte para compilalo.




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement