|
WebLOAD Open Source, unha ferramenta para facer tests de diagnóstico a aplicacións de Internet |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Martes, 31 de Xullo do 2007 |
|
WebLOAD Open Source é unha aplicación para probar o rendemento e a carga de calquera tipo de aplicación de internet, incluíndo aplicacións Web 2.0 e AJAX. WebLOAD Open Source está baseado no traballo de máis de 12 anos de desenvolvemento investido na aplicación WebLOAD, anteriormente propietaria e unha alternativa a JMeter e OpenSTA. Algunhas das novas características na versión 8.1 de WebLOAD son:
- Actualización da maior parte da interface gráfica de WebLOAD con novos elementos, incluíndo iconas.
- Novo control de edición con unha mellor interface e máis características:
- Numeración de liñas.
- Resaltado de liñas, permitindo expandir e contraer bloques de código para facilitar a lectura.
- Inclúe soporte para autocompletado de código (premendo CTRL+Espazo) e atributos/métodos (automaticamente premendo '.').
- Gravación e opcións de gravación melloradas:
- Soporte para manexo de datos binarios: os datos binarios poden ser codificados durante a gravación.
- Control adicional sobre o contido programable que é creado polo gravador.
- A vista de cabeceiras HTTP mostra os datos pedidos para o método POST incluso durante a gravación.
- Mellora na xestión dos rexistros de incidencias (log).
- Engadido o soporte para codificación de caracteres dos navegadores.
- Mellorado o soporte para MySQL Database building blocks.
- Novas características complementarias que aínda non están documentadas ademais doutras moitas características.
Captura de pantalla de WebLOAD Open Source (podes ver máis capturas premendo na imaxe):
Artigos relacionados
|