Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow WebDisk, ferramenta de xestión de ficheiros dunha intranet

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
WebDisk, ferramenta de xestión de ficheiros dunha intranet PDF Imprimir Correo-e
o Xoves, 12 de Xullo do 2007

IntegraTUM WebDisk é unha aplicación web en Software Libre, baixo licenza GNU GPLv2, que permite o acceso a un servidor de ficheiros. Os servidores de ficheiros soportados son samba, MS Windows e NetApp OnTAP, e calquera outro baseado no protocolo CIFS.

WebDisk non ten ningunha base de datos de usuarios facendo a autenticación directamente sobre o servidor de CIFS. Pode ser unha ferramenta útil nas PEME que teñen os equipos en rede e precisan compartir os seus ficheiros dun xeito sinxelo.

A autenticación pódese facer empregando o sistema de autenticación NTLM ou texto plano.

Todas as operacións sobre os ficheiros e cartafois pódense facer por medio dun navegador web permitindo incluso navegar entre os distintos servidores da rede. WebDisk conta cun xestor de marcadores para ter ligazóns aos cartafois desexados e cun xestor de permisos que se conecta directamente co servizo LDAP do Active Directory. As operacións que levan a cabo os usuarios quedan rexistradas por medio de Log4J.

IntegraTUM WebDisk foi desenvolvida empregando Java Servlets e a biblioteca jCIFS. JCIFS é unha biblioteca 100% Java que implementa o protocolo de rede CIFS/SMB.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...