| Weave 0.2 permite sincronizar a información de Firefox entre varios equipos |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Venres, 04 de Xullo do 2008 | |
|
Os usuarios que empreguen o navegador Firefox en varios equipos, e queiran ter a mesma información nos mesmos de xeito doado poden empregar Weave 0.2, unha aplicación que se integra no navegador e que fai unha copia dos favoritos, o historial de navegación, as cookies, os contrasinais ou a información que introducimos en formularios para poder sincronizala con outros navegadores de xeito automático. Esta información persoal viaxa pola Internet de xeito seguro (mediante encriptación) e polo momento só ten unha serie de funcionalidades básicas, agardándose que no futuro poida tamén sincronizar complementos, engadidos de busca e outras funcións coas que podería contar Firefox.
Fonte: Código Cero |
















