Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Varias empresas traballan nunha nova plataforma Linux UMPC
Varias empresas traballan nunha nova plataforma Linux UMPC PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 04 de Outubro do 2007
Un grupo de sete empresas esperan entrar no mercado móbil cunha nova categoría de dispositivo dacabalo entre o teléfono intelixente e o portátil. Unha especie de tablet N800 de Nokia, pero completamente aberto.

Mozilla, Arm, MontaVista, Texas Instruments, Samsung, Movial e Marvall Technologies son as empresas implicadas neste novo proxecto de plataforma GNU/Linux no que se inclúe deseño de chip, sistema operativo e algunhas aplicacións.
Xuntas esperan que a plataforma facilite aos desenvolvedores de hardware a creación de dispositivos parecidos ao susodito N800. Este dispositivo baseado en GNU/Linux é maior que un teléfono intelixente e menor que un portátil, e inclúe ademais opcións de conexión Wifi. Prevese o seu desembarco comercial a principios de 2009.

A plataforma comprenderá a distribución GNU/Linux baseada en Debian de Arm, o sistema operativo de MontaVista, unha contorna de escritorio e aplicacións de Gnome Mobile, o navegador de Mozilla, un reproductor multimedia e outros compoñentes como xestión de hardware integrado para aforro de batería e enerxía, interface de usuario adaptable e varias opcións para conexión sen fíos.

Fonte: http://www.infoworld.com/




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement