|
Unison, Solución para a sincronización de ficheiros e directorios multiplataforma |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 23 de Maio do 2008 |
Unison é unha aplicación de sincronización de ficheiros e directorios multiplataforma que permite ter réplicas actualizadas entre distintas máquinas. Entre as súas características destacan: - É multiplataforma, traballando en sistemas baseados en Unix (GNU/Linux), MS Windows e MacOS X, sincronizando desta forma máquinas de diferentes plataformas.
- Monitorizar os cambios producidos en ambas réplicas e propagar as diferenzas tendo os contidos en ambos sistemas, diferenciándose dos sistemas de backup que so fan copias unidireccionais.
- As conexións pódense realizar a través de túneis SSH (Secure Shell), garantindo seguridade nas conexións entre equipos.
- É tolerante a erros na comunicación mantendo a integridade dos ficheiros.
- Conta cunha interface GTK que facilita a utilización do mesmo.
- Está baixo a licenza GNU/GPL.
Fonte: Aplicaciones Empresariales
|