Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Unha operadora de telefonía móbil crea unha web para desenvolvedores de código aberto

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Unha operadora de telefonía móbil crea unha web para desenvolvedores de código aberto PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Martes, 31 de Xullo do 2007
A través do sitio web open.movilforum.com poderanse testar novas interfaces de servizos móbiles con desenvolvedores externos antes de que se produza o seu lanzamento comercial.

Con esta iniciativa, preténdese facilitar o desenvolvemento de aplicacións de software aberto achegando APIs sinxelas, ferramentas e información detallada sobre o funcionamento dos móbiles. Ademais simplificarase significativamente o proceso en provisión e probas tanto para programas dentro dos dispositivos como para os que utilizan os servizos de Telefonica en rede.

Open movilforum nace da cooperación do fabricante Nokia e o seu proxecto ForumNokia, complementando así a oferta ao desenvolvedor cun gran número de interfaces e ferramentas xa existentes, centradas nos dispositivos S60 .

Movistar elixiu a Campus Party (Valencia, 23-29 de xullo) para a presentación de Open movilforum. Precisamente no ámbito da Campus, movistar convoca o concurso Open movilforum de software libre polo que se premia a mellor aplicación para o Mobile 2.0 cun terminal Nokia N800 con Linux e Wifi.

Fonte: Laflecha





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...