| Unha cadea hostaleira líder nas illas Canarias implanta o ERP openXpertya |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Luns, 28 de Xullo do 2008 | |
|
Con esta implantación, openXpertya sitúase como a primeira solución ERP libre, de elección para o sector de operador hostaleiros e hostalaría a grande escala. Actualmente, esta cadea xestiona directamente dez complexos hostaleiros e un Resort Club para propietarios nas selectas zonas turísticas de Porto Rico, Praia do Inglés, Patalavaca, Meloneras, Maspalomas e Amadores; todas elas no sur de Gran Canaria. A integran máis de 150 traballadores que proporcionan servizo a máis de 2.000 prazas hostaleiras de alta rotación, con máis 40.000 reservas anuais. SERVATUR sempre destacou pola súa aposta pola innovación e as novas tecnoloxías, asinando coa Fundación da Universidade das Palmas (FULP) un convenio de mecenado do Programa Innova Canarias 2020 , para colaborar activamente na promoción da innovación e a investigación científica e tecnolóxica, así como no proceso de proxección social. Neste acordo marco establecéronse tres eixos prioritarios: O turismo como factor crave para o desenvolvemento ecónomico e social; Canarias como plataforma tricontinental ; e a innovación, competitividade e economía do coñecemento, para comprender e aproveitar a relación entre o coñecemento científico e tecnolóxico e o benestar da sociedade canaria. O sistema informático de SERVATUR Actualmente o SERVATUR dispón dun sistema de reservas en liña, cuxa oferta de prazas realízase en catro idiomas (Español, Inglés, Alemán e Noruegués) cunha alta utilización no norte de Europa, e que está a experimentar un crecemento exponencial grazas á autoxestión directa de reservas por parte do grupo. Unha das necesidades que debe de cumprir openXpertya é a conxunción en tempo real destas reservas, xunto coas realizadas polos tour operador a través dos sistemas AMADEUS , GALILEO e WORLDSPAN . Isto realízao mediante un novo Sistema de Regras de Negocio (BRMS), que permitan cubrir o máximo posible de prazas non utilizadas, mantendo os acordos de reservas e a súa distribución no tempo cos operadores de turismo. Nesta implantación, openXpertya traballará, en tempo real, sobre un servidor principal redundante de openXpertya centralizado do servizo común de administración e contabilidade do gupo SERVATUR, esta máquina replicará os datos sobre oito servidores adicionais instalados en cada centro de traballo do grupo. Todo o sistema xestionarase como un cluster de base de datos e con replicación multimaster de datos en tempo real cara a e desde o servidor centralizado aos dos centros. En cada centro, o proxecto contempla nunha segunda etapa, a automatización telefónica, sobre servidores de voz-ip Asterisk, de todos os servizos e avisos a través de sinxelos códigos tecleados utilizados polo persoal de servizo e os clientes nos teléfonos das habitacións e apartamentos. Para iso, utilízase unha libraría java de enlace entre openXpertya e Asterisk, o que permite que os clientes e o persoal poida interactuar directamente co ERP e as súas accións a través do teléfono. Así o persoal de servizo pode deixar constancia, cuns determinados códigos persoais, do seu paso e actuacións en cada habitación e posibilitar un seguimento do seu desempeño e cumprimento de horarios. Isto permitiría, entre outras cousas, ampliar ou reducir o persoal de servizo dedicado a unha determinada zona, en tempo real, en función das necesidades que se presenten cada día e mellorar de forma simultánea os tempos e a calidade de servizo e os custos dos mesmos. De cara aos clientes, a informatización e integración de todo o sistema telefónico co ERP openXpertya, non só supón unha integración directa na factura de cada cliente daquelas chamadas realizadas, senón que abre un novo mundo de posibilidades automatizadas de autoservizos 24 horas que poderían ser solicitados a través do sistema telefónico polo cliente, e auditados e cargados en conta de forma automática polo sistema. Este sistema ademais posibilita a creación de novos servizos baseados en IVR , como información turística acerca da zona, restaurantes, autobuses ou medios de transporte público, últimos eventos culturais, museos, noticias locais, rutas turísticas, etc. Está previsto prestar toda esta información e gama de servizos IVR a través de menús multiidioma. Fonte: OpenXpertya Artigos relacionados |







Unha cadea líder no subsector extrahoteleiro das illas Canarias, 








