| Un proxecto do Google Summer Of Code pretende mellorar Translate Toolkit e Pootle |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 22 de Abril do 2008 | |
|
O proxecto xa ten algunha tarefa asignada como "Effective user experience for Pootle" que pretende mellorar e estender as capacidades de Pootle ademais de mellorar e engadir novas características sempre coa finalidade de que sexa sinxelo de usar e provea unha experiencia de uso máis produtiva.
Na páxina de Translate Toolkit teñen un wiki cunha páxina para discutir e propoñer novas ideas e funcionalidades para Pootle. A páxina pode consultarse na seguinte ligazón: Translate Toolkit é un conxunto de ferramentas que teñen como obxectivo integrar os sistemas de tradución baixo un estándar aberto de forma unificada. O software Pootle, en concreto, é unha interface web para traducir en liña (do estilo do Entrans de Mancomún). Do conxunto de ferramentas de Pootle, as máis interesantes forman parte do "Translate Toolkit" e dentro destas ferramentas de conversión e filtrado de ficheiros destacan as ferramentas de conversión entre os formato de Mozilla (.dtd e .properties) e OpenOffice.org (.sdf) a formato .PO. Filtros de importación/exportación (algúns só nunha dirección) do Translate Toolkit:
Máis información de Translate Toolkit e Pootle na páxina do proxecto: Artigos relacionados
|








Dentro dos proxectos do 












