| Un profesor de Valdoviño pon accesible na rede titoriais de Qcad e Inkscape |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 29 de Maio do 2008 | |||
Tucho Méndez, profesor de tecnoloxía no CPI de Atios en Valdoviño, vén de poñer a disposición de todos os internautas titoriais básicos de uso das ferramentas de software libre Qcad e Inkscape. Os exercicios e os videotitoriais incluídos na web son resultado do material elaborado por Méndez para a práctica da docencia nas aulas de tecnoloxía do seu colexio.Até o de agora só están dispoñibles seis capítulos de cada unha destas ferramentas, pero o material irá incrementándose paulatinamente. Como sinala o propio Tucho Méndez na presentación do blog “xa están grabadas 27 unidades (9 de Qcad e 18 de Inkscape), que son coas que eu traballei no meu colexio e ao blog vou subindo as que están un pouco mellor”. O curso estrutúrase entorno ás anotacións do blog, onde se expón unha breve explicación do tema, que é completado cun exemplo en forma de videotitorial e exercicios prácticos adicionais. Capturas de pantalla dos videotitoriais:
Os titoriais están dispoñibles nesta ligazón. Artigos relacionados |
|||








Tucho Méndez, profesor de tecnoloxía no 














