Menu Content/Inhalt
» Inicio
Un profesor de Valdoviño pon accesible na rede titoriais de Qcad e Inkscape PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 29 de Maio do 2008
titorialTucho Méndez, profesor de tecnoloxía no CPI de Atios en Valdoviño, vén de poñer a disposición de todos os internautas titoriais básicos de uso das ferramentas de software libre Qcad e Inkscape. Os exercicios e os videotitoriais incluídos na web son resultado do material elaborado por Méndez para a práctica da docencia nas aulas de tecnoloxía do seu colexio.

Até o de agora só están dispoñibles seis capítulos de cada unha destas ferramentas, pero o material irá incrementándose paulatinamente. Como sinala o propio Tucho Méndez na presentación do blog “xa están grabadas 27 unidades (9 de Qcad e 18 de Inkscape), que son coas que eu traballei no meu colexio e ao blog vou subindo as que están un pouco mellor”.
 
O curso estrutúrase entorno ás anotacións do blog, onde se expón unha breve explicación do tema, que é completado cun exemplo en forma de videotitorial e exercicios prácticos adicionais.

 Capturas de pantalla dos videotitoriais:


 Os titoriais están dispoñibles nesta ligazón.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement