| Un informe prevé que o Software Libre será a plataforma para o 32% dos servizos das T.I. no 2010 |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Martes, 18 de Setembro do 2007 | |
|
Fai un tempo que se realizou un informe estatístico chamado Impacto Económico do Software Libre e de Código Aberto na Innovación e na Competitividade do Sector de Tecnoloxías da Información e Comunicación na Unión Europea, co fin de desentrañar o estado actual de aceptación e uso do Software Libre, e non só en ámbitos gobernamentais ou académicos. Desta forma, o que se pretende é desligar, dunha vez por todas, o concepto do Software Libre e as institucións públicas. É certo que nese campo, o Software Libre atópase como peixe na auga, pero tamén na iniciativa privada pode dar moita guerra, e é o que se pretende dar a coñecer: o desenvolvemento do Software Libre en todos os ámbitos, a nivel público ou privado, a nivel local, nacional ou internacional, a nivel empresarial ou de xestión, etc.
Algúns datos interesantes que arroxou o estudo levado a cabo por diferentes universidades: os costos en Investigación e Desenvolvemento poden reducirse ata nun 26%, isto é debido sobre todo a que, polas súas licenzas, o Software Libre outorga liberdades que permiten a súa reutilización, sen ter que “reinventar a roda” en cada nova iniciativa. Para o ano 2010 o estudo estima que este tipo de software alcanzará o 1.4% do PIB europeo e o 2.3% do PIB norteamericano, sendo que hoxe representa un 1% no primeiro caso e un 1.7% no segundo. O mercado informático en xeral supón un 10% do PIB nos países desenvolvidos da Unión Europea, sendo partícipe de máis do 50% do crecemento. Fonte: Territorio Libre e Noticas.com Artigos relacionados
|





















