| UltraStar: un karaoke GPL para o teu computador |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 07 de Setembro do 2006 | |
|
UltraStar é unha implementación GPL dun karaoke que está baseado no famoso SingStar ® de Playstation 2 ® e que empeza a causar sensación pola súa facilidade á hora de crear novas cancións para o mesmo, personalizalo, etc... A versión actual é a 0.4.2, que saíu hai escasamente uns días, incorpora novas funcionalidades como o Top 5, bonus, ...
... ferramentas para facer cancións a partir de MIDIs, posibilidade de utilizar vídeos en MPG e máis cousas, incluso se pode utilizar os micrófonos orixinais da PlayStation 2 ®. Tamén é de destacar que un grupo de xente, desenvolveu unha versión en español, modificada que implementa máis funcionalidades cás que trae a versión orixinal. A páxina deste grupo de xente é a seguinte: Ligazón a UltraStar en español Máis información na páxina orixinal do programa en SourceForge. Artigos relacionados |





















