Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Ubuntu é a distribución que máis medra segundo unha enquisa á comunidade de Alfresco PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Luns, 11 de Febreiro do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/alfresco.gifUn recente estudo á comunidade de usuarios de Alfresco desvela que Ubuntu é a distribución de Linux que máis rápido se está a adoptar dentro da súa comunidade.

Alfresco é un xestor de contidos empresarial (ECM) de código aberto, empregados para capturar, xestionar, almacenar e preservar contidos e documentos relacionados cos procesos dunha organización.

O crecemento da comunidade de usuarios de Alfresco no pasado ano 2007 foi moi grande, comezando en febreiro con 2000 membros rexistrados e rematando o ano con máis de 35.000.

En canto a distribución elixida para a súa implantación destaca o dato de que Ubuntu é a segunda distro máis implantada (23%), só por detrás de Red Hat cun 35% (pero só se xuntamos RHEL e Fedora). Microsoft só e a opción elixida por un 26.5% dos seus usuarios...


Crecemento da comunidade de usuarios de Alfresco
Crecemento da comunidade de usuarios de Alfresco
http://www.mancomun.org/images/stories/acumulativo_alfresco.pngSistemas Operativos Linux en membros da comunidade de Alfresco (acumulativo)

 

Ademais en canto ao servidor de aplicacións usado para Alfresco destaca por enriba de todos o uso de Tomcat cun 72% seguido de JBoss cun 18%.

 

Servidores de aplicacións comunidade Alfresco
Uso de Servidores de Aplicacións para Alfresco
 
En xeral, moi bos datos en relación ao uso de Software Libre con Alfresco.

Fonte da nova:
http://blogs.cnet.com/8301-13505_1-9868873-16.html




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...