| Tres artigos de interese sobre tradución de software |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 29 de Novembro do 2006 | |
|
A revista Linux Magazine vén de publicar recentemente tres interesantes artigos sobre tradución de software nos que analiza as diferentes ferramentas para a tradución, problemas que conlevan e principais proxectos neste ámbito. Os artigos levan por nome Colaboración para a tradución, onde se nos fala dos ficheiros .po e .mo ademais do Kbabel, Traballo en equi/po que disecciona as vantaxes, desvantaxes e problemas da tecnoloxía gettext , e, por último, Educación, memorias compartidas, onde se fai fincapé na colaboración entre tradutores e nos diferentes instrumentos para levala a cabo. Artigos relacionados
|





















