|
The Purple Plugin Pack, complementos para Pidgin |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 25 de Xaneiro do 2008 |
The Purple Plugin Pack é un paquete de módulos adicionais para Pidgin creado orixinalmente por Gary Kramlich e Stu Tomlinson, que se distribuíu como unha lista de complementos para o programa de mensaxería Pidgin. Estes complementos extenden as funcionalidades do cliente de mensaxería incluíndo novas características como autorespondedores, xestión da lista de contactos, integración con programas externos, ...
Para que The Purple Plugin Pack traballe correctamente precisa ter instalado Pidgin e requiere GTK máis Glib.
Son máis de 50 os complementos dispoñibles neste paquete, algúns exemplos son:
- List Handler, é unha solución para importar a lista de contactos e podela exportar a outras contas. Garda os ficheiros en formato XML podendo importar os contactos dunha conta para outra.
- Ignore, permite ignorar selectivamente aos contactos seleccionados.
- Last Seen, visualiza o tempo que leva o contacto sen conectarse e cal fora a última mensaxe recibida.
- Highlight, este complemento engade soporte para resaltar as palabras especificadas polo usuario.
- Nick Said, fornece a posibilidade de saltar a unha conversa onde o teu nome sexa mencionado. Tamén se pode personalizar para alertar cando determinadas palabras estean nunha conversa.
O paquete con todos os complementos está dispoñible nos repositorios de Ubuntu, basta con executar o seguinte comando:
sudo apt-get install pidgin-plugin-pack
Para máis información do complemento consultar o wiki do proxecto:
http://plugins.guifications.org/trac/wiki/PluginPack
Artigos relacionados
|