Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Tecnoloxía punta en Software Libre
Tecnoloxía punta en Software Libre PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 14 de Maio do 2008
O II Concurso Universitario de Software Libre deixa patente toda a potencialidade dos códigos abertos

O pasado día 9 de maio fixéronse públicos os gañadores do II Concursos Universitario de Software Libre durante a fase final celebrada en Sevilla. Os proxectos expostos poñen de manifesto a potencialidade do SwL para o desenvolvemento de tecnoloxía punteira e innovadora.

A este respecto, o primeiro premio acadado na categoría de innovación foi para R4P (de Robot de 4 Patas) de Luís Alberto Pérez García e Luís Ignacio Díaz del Dedo. Este proxecto trátase dun traballo de fin de carreira da Universidade Europea de Madrid e está orientado á formación en áreas tecnolóxicas relacionadas coa electrónica, informática e mecánica.

O obxectivo do proxecto centrouse en crear un robot cuadrúpedo a nivel profesional incurrindo no baixo custo ao empregar software e hardware baseado en tecnoloxías abertas. A documentación técnica, deseño do hardware e módulos de programación están baixo a licenza Creative Commons e CC GNU GPL polo que é totalmente accesible dende a seguinte ligazón: www.r4p.es/wordpress/

Este mesmo hardware xa estivo presente no Xuventude Galiza Net deste ano, posto que este é empregado polo Arduino como sistema de control.

Fonte: GLUG  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement