Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow SymmetricDS, sistema de sincronización de datos escalable
SymmetricDS, sistema de sincronización de datos escalable PDF Imprimir Correo-e
o Mércores, 23 de Abril do 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/symmetricds-logo.pngSymmetricDS é unha solución de sincronización/replicación de datos entre base de datos relacionais en tempo real. Por medio dunha interface web é posible replicar táboas entre varias bases de datos relacionais (MySQL, Oracle, SQL Server e PostgreSQL) .

O software foi deseñado para ser escalable e traballar cun gran número de bases de datos, traballar con conexións con pouco amplo de bandas e resistir períodos de interrupción da rede.

Mentres o grupo de traballo do proxecto SymmetricDS estaba traballando no desenvolvemento dun sistema de TPV para soportar gran cantidade de vendas, o equipo deuse conta da necesidade dun sistema que levase a cabo as tarefas de sincronización/replicación, deste xeito naceu o proxecto SymmetricDS.

A sincronización pode ser configurada para replicar datos (trickle-back) ou recuperalos (trickle-poll) nun intervalo dado. SymmetricDS permite a sincronización en 2 ou N capas, algúns exemplos da configuración da arquitectura en funcionamento son:

  • Múltiples Puntos de Venta (TPV) rexistrados como nodos empregando unha base de datos embebida para sincronizar os datos co servidor do almacén.
  • Una granxa de nodos de servidores web que traballan contra a lóxica de negocio dunha base de datos empresarial.
  • Múltiples servidores rexionais configurados para traballar contra un servidor central distante xeograficamente (resolve os problemas de control das latencias e transaccións).

SymmetricDS pode traballar en varios modos:

  • Como aplicación web (WAR) nun Tomcat, Jetty ou Jboss.
  • Como servizo “standalone”.
  • Embebido dentro dunha aplicación.

SymmetricsDS está desenvolvido en Java baixo a licenza GNU/LGPL.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement