Menu Content/Inhalt
» Inicio
Sweet Home 3D, programa de deseño de interiores PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Mércores, 26 de Marzo do 2008

Sweet Home 3D é un programa de deseño de interiores en dúas dimensións pero que proporciona unha perspectiva 3D moi útil para facerse unha idea da distribución dun espazo.

Durante o deseño en 2D destaca a posibilidade de calcular sobre o plano a distribución das paredes, usar como fondo imaxes do plano orixinal do proxecto, fixas as medidas exactas de cada oco, escoller a cor e a textura do chan e das paredes.

Como non podía ser menos, tamén inclúe unha biblioteca de obxectos para incluír na casa, como mobles, ventás, portas, electrodomésticos, ... cada un coas súas propias medidas, co que se pode saber se van a coller ou non na distribución planexada...


Ademais, desde a páxina do proxecto ofrécense máis obxectos para importar na aplicación e tamén se poden descargar os obxectos libremente creados por outras persoas.

Podes ver unha demostración do funcionamento da aplicación no seguinte vídeo:





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org
Advertisement

Eventos

Abril 2008 Maio 2008 Xuño 2008
Lu Ma Xo Ve Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...

Sindicación

Advertisement