| Sun Microsystems lanza unha nova versión do clúster MySQL |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Luns, 23 de Xuño do 2008 | |
|
Esta nova versión permite aos provedores de servizo e aos de equipos de rede despregar aplicacións de bases de datos máis grandes e ofrecer dispoñibilidade de datos en distintas xeografías en caso de existires algún erro no sitio. MySQL Cluster 6.3 Carrier Grade Edition é un sistema de base de datos especialmente deseñado para satisfacer os requirimentos de alta dispoñibilidade, escalabilidade e baixa latencia das aplicacións no sector das telecomunicacións. MySQL Cluster Carrier Grade Edition é parte da base do sistema de Xestión de Datos de Subscritores para provedores líderes en equipos de rede, entre os que se atopan Alcatel-Lucent, Nokia Siemens Networks e Nortel. Fonte: MySql
Artigos relacionados |








Sun Microsystems vén de anunciar a dispoñibilidade de 












