Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Sun anuncia programa de premios para proxectos Open Source
Sun anuncia programa de premios para proxectos Open Source PDF Imprimir Correo-e
o Venres, 07 de Decembro do 2007
A multinacional norteamericana anunciou ao mundo a organización do Open Source Community Innovation Awards Program, unha serie de galardóns divididos en varias categorías e que premiarán a diversos proxectos de programación en código aberto.

Para a primeira convocatoria, que será anunciada a mediados de xaneiro deste próximo ano 2008 e que se pechará en agosto do mesmo ano, os membros do xurado serán representantes dos proxectos GlassFish(implementación libre de Java), NetBeans, OpenJDK, OpenOffice.org, OpenSolaris e OpenSPARC, todos eles patrocinados pola compañía.

 

Con esta iniciativa, Sun pretende espolar o desenvolvemento de proxectos de software de código aberto, unha filosofía que a compañía abrazou e baixo a cal puxo a proxectos como StarOffice (a súa suite ofimática que se alimenta do proxecto comunitario OpenOffice.org) ou Solaris (o seu sistema operativo Unix que emprega as fontes de OpenSolaris). Curiosamente, os proxectos libres que serven de base para os seus produtos software foron iniciados ao liberar Sun o código fonte de diversos dos seus produtos, ata entón producidos como software propietario.

Fonte: Noticiasdot.com

Orixinal: Sun.com  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement