| SugarCRM 5.1 inclúe melloras nos informes e unha mellor experiencia de uso en dispositivos móbiles |
|
|
|
| escrito por fjrial o Venres, 29 de Agosto do 2008 | |
|
Acaba de saír á luz a versión 5.1 de SugarCRM, aplicación de Xestión de Relación con Clientes (Customer Relationship Manager-CRM) que é usado polas empresas para xestionar a relación cos seus clientes incluíndo a análise e captación destes, almacenaxe e listaxe dos seus datos así como dos provedores e socios e a información interna. A nova versión inclúe, entre outras melloras, novos informes e posibilita o uso da interface de SugarCRM en dispositivos móbiles, como por exemplo os BlackBerry® e os iPhone™. A versión da comunidade de SugarCRM 5.1 está dispoñible para descarga desde http://www.sugarforge.org/content/downloads
As novas características da versión 5.1: Sugar 5.1 ofrece novas características e melloras na experiencia do usuario e nas funcións de administración da aplicación, incluíndo:
Máis información en: BlackBerry é os produtos RIM, incluíndo as marcas relacionadas, imaxes e símbolos, son marcas rexistradas de Research in Motion Limited. O iPhone é unha marca rexistrada de Apple Inc. Artigos relacionados
|
















