|
Stoq: paquete de xestión comercial en Software Libre |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Mércores, 18 de Xullo do 2007 |
|
Stoq é un sistema de ventas avanzado que ten como principais características a usabilidade, o soporte de dispositivos (impresoras de tickets, básculas electrónicas, impresoras e lectoras de códigos de barras, etc...) e características moi interesantes para os vendedores, entre as que destacan:
Características - Interfaces deseñadas con coidado e baseadas en estudos de usabilidade.
- Produto dividido en diversas aplicacións (módulos), áreas e departamentos específicos dunha empresa.
- O sistema posúe configuracións especiais preestablecidas para os principais tipos de establecementos, destacando os supermercados, tendas de mobles e/ou electrodomésticos, roupa, calzado e até gasolineiras.
...
Creación automática de recibos con datas de vencemento en concordancia coas diferentes datas de pagamento das empresas provedoras de crédito. Soporte para vales de compra como forma de cobro, con posibilidade de devolución dos cartos ou facturación do valor restante a pagar. Diferentes formas de cobro configurables: cartos, cheques, vales, etc ... Stoq soporta o control de múltiples unidades e/ou filiais dunha empresa. Unha vez engadida a filial, o control do stock é automático e transparente. Multiusuario, con xestión de perfís e control de permisos. Control de tributos. Libros fiscais e liquidación de impostos (ICMS, ISS e IPI). Soporte para impresoras fiscais, de cheques e de código de barras. - Soporte para balanzas electrónicas, teclados multifunción, lectores de código de barras...
Stoq pódese descargar lista para instalar para as distribucións de GNU/Linux máis coñecidas, como código fonte e incluso existe un Live-CD para poder probar o software sen necesidade de instalalo. Páxina do proxecto: http://www.stoq.com.br Capturas de pantalla da aplicación
Artigos relacionados
|