| Spotter, ferramenta de tests matemáticos en liña |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 14 de Decembro do 2006 | |
Spotter é un programa que permite aos estudantes comprobar as súas respostas a problemas de matemáticas. Traballa con respostas numéricas e simbólicas. O software é libre con licenza GPL. Spotter tamén está dispoñible en liña para poder facer probas. Pódense empregar respostas simbólicas nunha notación que se asemella á notación “normal” das matemáticas (por exemplo, xy na vez de x*y, e sin x na vez de sin(x)). A versión actual de spotter é a 2.2.0. Esta inclúe a mellora de permitir aos usuarios introducir respostas e o resultado procesado e visualizado empregando MathML. Spotter pode funcionar coma cgi Perl nun servidor web.
Artigos relacionados
|





















