Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Splashtop sae ao mercado integrado nas placas base ASUS
Splashtop sae ao mercado integrado nas placas base ASUS PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Xoves, 15 de Maio do 2008
Device VM, desenvolvedor de Splashtop, anunciou onte a difusión deste innovador proxecto a través de catro modelos novos de placas ASUS. Esta marca integrou Splashtop na súa familia de produtos P5Q, estendendo a posibilidade de uso a un total de doce. Os novos modelos son, concretamente, P5Q Deluxe, P5Q-WS, P5Q3 Deluxe e P5Q-E.

SplashTop é un escritorio Linux lixeiro que, baseado nun microsistema GNU/Linux preinstalado na placa base, é capaz de proporcionar en cinco segundos acceso a Internet e VOIP sen necesidade de instalación previa.

Estas placas, cuxo nome comercial é "ASUS Express Gate”, contan cun navegador web baseado en Firefox e un cliente Skype. Ao iniciar o computador vese unha pantalla na que podemos escoller entre navegar ou usar VOIP.

Pódese ver un vídeo demostrativo en YouTube .

O cofundador de DeviceVM, Mark Lee, mostrou a súa satisfacción pola difusión do seu produto a través de ASUS. Segundo explicou “esta empresa non é só lider na innovación en hardware computacional, senón que ademais contribúe activamente na mellora da experiencia do usuario final a través do desenvolvemento de software”.

Fonte: http://www.prweb.com





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement