Menu Content/Inhalt
» Inicio

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Sourceforge.net anuncia os gañadores dos seus premios 2008 PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mancomún o Luns, 28 de Xullo do 2008

SourceForge.net, o repositorio online de software libre que reúne a case 184.000 proxectos libres diferentes, vén de anunciar a lista de gañadores dos Sourceforge 2008 Community Choice Awards, os premios outorgados por esta comunidade aos mellores e máis importantes proxectos do ano.

Os premios fixéronse públicos no transcurso da Open Source Convention (OSCON) que se celebrou este ano en Portland (Oregón, EE. UU.) entre os días 21 e 25 de xullo e na que se deron cita un total de 2.500 desenvolvedores, expertos, directivos, colaboradores, etc. do código aberto.

A lista de gañadores é a seguinte:

  • Mellor proxecto: OpenOffice.org

  • Mellor proxecto para a empresa: OpenOffice.org

  • Mellor proxecto para educación: OpenOffice.org

  • Proxecto que máis probablemente será a próxima adquisición milmillonaria: phpMyAdmin

  • Mellor proxecto para multimedia: VLC

  • Mellor proxecto para xogos: XBMC

  • Proxecto que máis probablemente vaia cambiar o mundo: Linux

  • Mellor novo proxecto: Magento

  • Proxecto que máis probablemente vaia ser acusado ambiguamente de infrinximento de patentes: WINE

  • Proxecto que máis probablemente conseguirá que os seus usuarios sexan demandados: eMule

  • Mellor ferramenta ou utilidade para administradores: phpMyAdmin

  • Mellor ferramenta ou utilidade para desenvolvedores: Notepad++

Máis información




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...