| Software Libre para o seguimento de portátiles extraviados |
|
|
|
| escrito por Mancomún o Luns, 21 de Xullo do 2008 | |
|
A Universidade de Washington vén de desenvolver o proxecto Adeona como unha tentativa que tenta dar solución ao problema de perdas (ou robos) de dispositivos portátiles, dunha maneira respetuosa coa privacidade do propietario do portátil e distribuido baixo unha licencia GPL 2.0. A aplicación , unha vez instalada no portátil, rexistra (e envia datos) de forma constante de xeito que estes poidan axudar a localizar o computador a partir da súa IP en caso de perda. A información almacénase seguindo o servizo de almacenamento distribuído de tecnoloxía aberta OpenDHT. O proxecto Adeona respecta a privacidade do propietairio, ao empregar unha encriptación mediante a cal os datos de ubicación almacenados só poden ser consultados polo dono do dispositivo. Deste xeito, asegúrase que ninguén máis poderá usar a información de trazabilidade do portátil. O único inconveniente presentado pola aplicación é que en caso de roubo, o sistema só funcionaría se o substractor non formatase o sistema operativo, o cal resulta unha opción bastante improbable. |
















