Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow SITEman, aplicación Java para administrar Joomla! 1.5
SITEman, aplicación Java para administrar Joomla! 1.5 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 02 de Novembro do 2007

SITEmanSITEman é unha aplicación de escritorio implementada en Java/Swing que permite aos usuarios administrar un sitio Joomla! 1.5 dende o seu escritorio.

SITEMan en futuras versións pretende ser un framework de aplicacións de Servizos Web escrito en Java. A contorna de escritorio permitirá traballar en modos en liña ou fora de liña.

SITEMan é modular, o cal quere dicir que os desenvolvedores teñen as facilidades de escribir os seus propios módulos que se encarguen da publicación sen ter que preocuparse da comunicación nin da interface.

Para poder traballar con SITEman primeiro hai que instalar os plugins de SITEman en Joomla! 1.5 para que o cliente se comunique co backend. Dentro do ficheiro SITEman_windows.zip están incluídos os plugins, no ficheiro para a versión de GNU/Linux non veñen incluídos.

Na zoa de descargas de Mancomun.org está publicada unha pequena guía de instalación para a posta en funcionamento da ferramenta.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement