| Sistemas de Ticketing para a empresa |
|
|
|
|
Unha das ferramentas máis habituais nos departamentos de HelpDesk das empresas TIC son os sistemas de ticketing. Un ticket é un código de identificación das consultas para poder levar o seu seguimento; e o sistema de ticketing é o software que controla todo o funcionamento dos tickets e ademáis emprega unha base de coñecementos onde poderá revisar as consultas xa realizadas por otros usuarios. A continuación recompílanse unha serie de ferramentas dispoñibles para ter un sistema de ticketing propio. » eTicket é un sistema de tickets baixo licenza GNU/GPL que está baseado en osTicket o cal pode recibir tickets vía email (pop3) ou por un formulario web. Conta cun xestor de ticket con moitas características, entre as máis destacadas:
eTicket é unha solución que permite incluír soporte en liña en calquera sitio web.
» ruQueue é un sistema de seguimento de problemas (tracking) baseado en colas. ruQueue permite a xestión de tickets por parte de calquera organización. ruQueue está desenvolvido en PHP e MySQL baixo licenza GNU/GPL.
» Trouble Ticket System é un software de fácil emprego que permite a xestión de tickets de clientes. Pódense especificar as categorías de problemas, discusión dos problemas e informes das solucións para posibles problemas similares nun futuro. Os clientes poden facer un seguimento do estado do seu ticket.
» OTRS é o acrónimo de “Open source Ticket Request System” con moitas características para levar o control dos clientes, chamadas, correos-e,... O sistema está construído para permitir o soporte, ventas, facturación, helpdesk, ... para que os departamentos da empresa poidan reaccionar rapidamente. Está distribuído baixo licenza GNU/GPL e testado baixo GNU/Linux, Solaris, AIX, FreeBSD, OpenBSD, Mac OS 10.x e MS Windows. As características máis destacables son:
Artigos relacionados
|





















