| Seis anos de Código Cero |
|
|
|
|
Código Cero leva xa seis anos informando das novidades da “Sociedade do Coñecemento”. A orixe do proxecto remóntase ao ano 2000 cando nacía na Radio Autonómica de Galicia o programa “Código”, unha emisión que trataba de achegar as novas tecnoloxías aos oíntes, baixo a dirección de Xosé María Fernández Pazos. Tendo presente esta premisa, Fernández Pazos, xunto con múltiples colaboradores, crearía o núcleo do futuro Grupo Código Cero Comunicación. O éxito do espazo radiofónico, “Código”, supuxo a lanzamento do primeiro sitio web adicado a dar a coñecer a actualidade na Sociedade da Información e I+D+i en galego. O portal www.codigocero.com naceu en xullo de 2002 como unha iniciativa independente do programa radiofónico “Código”. Na actualidade recibe máis de 200.000 visitas mensuais, e sitúase entre as trinta páxinas galegas de temática xeral máis vistas e no quinto medio de comunicación en Internet de Galicia. Dentro do abanico de novas que publica Código Cero están as relacionadas co Software Libre e a Cultura libre. Fonte: Código Cero Artigos relacionados
|
















