Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow SAP e Intel colaboran con software libre ao mundo empresarial
SAP e Intel colaboran con software libre ao mundo empresarial PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 07 de Marzo do 2008
SAP e Intel, que decidiron comercializar un dispositivo hardware, en GNU/Linux e baseado nun procesador Intel Xeon, que estará orientado á Peme, en concreto, ás empresas adicadas aos servizos, comercio ou fabricación, ofrecendo solucións a medida e escalables, orientadas aos problemas que poidan xurdir.

Así, o que se pretende con esta alianza non é senón ofrecer un produto optimizado que xere esa flexibilidade que outros non poden. De feito, esta non é a primeira ocasión na que estas dúas empresas colaboran conxuntamente para crear un produto, aínda que se atopaba orientado cara á análise de datos de forma masiva.
 
Desta forma, parece que as empresas poden obter uns beneficios moi superiores aos conseguidos mediante outros sistemas de control equivalentes ao creado por esta colaboración. Así, o novo produto desta colaboración estará baseado no sistema operativo SUSE  Linux, e ofrecido en formato “OEM”, o que lle outorga máis valor se cabe ao proxecto.

O proxecto deuse a coñecer durante o desenvolvemento das xornadas do Cenit 2008, que se está celebrando esta semana en Hanover. Así, o proxecto está ideado para integrar tanto software como bases de datos e o hardware no que se soporta o conxunto, e todo a un baixo custo, o que brinda máis eficiencia ao sistema, traducíndose en maior rendibilidade e un mellor alcance dos obxectivos das empresas. Por iso, non é estraño que non poucas empresas estean interesadas en formar parte do proxecto, o que axudaría a expandir o sistema, tendo en conta que a adaptabilidade do paquete, aínda que está preconfigurada, é facilmente moldeable aos cambios necesarios para cada caso concreto, o que resulta unha innovación no mundo dos negocios difícil de ignorar.
 




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xuño 2008 Xullo 2008 Agosto 2008
Lu Ma Xo Ve Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement