Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Saíu a versión 3.0 do OpenOffice.org 3

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Saíu a versión 3.0 do OpenOffice.org 3 PDF Imprimir Correo-e
escrito por fjrial o Martes, 14 de Outubro do 2008
http://www.mancomun.org/images/OOo3/openoffice3_intro.jpg

Hoxe é o día no que sae á luz a esperada versión 3.0 da suite ofimática OpenOffice.org. Despois do largo proceso de testeo, desde a primeira beta que saíu en abril até as últimas release candidate que saíron nas últimas semanas.
 
Nestes momentos, a web de OpenOffice.org atópase saturada debido á alta demanda dos usuarios para descargar esta nova versión:

"Apologies - our website is struggling to cope with the unprecedented demand for the new release 3.0 of OpenOffice.org. The technical teams are trying to come up with a solution."

Algunhas das novas características xa volas fomos adiantando no seu día nas novas aparecidas en Mancomún:
As versións dispoñibles para descarga son:

 

  • Versión para Linux de 32 e 64 bits en formatos RPM e DEB con e sen Java Runtime Environment (JRE), ademais dos paquetes de idioma.
  • Versións para Windows con e sen Java Runtime Environment (JRE), ademais dos paquetes de idioma.
  • Versión para Mac OS X con procesadores Intel que non necesita da aplicación X11 para executarse, polo que se integra perfectamente no contorno de Mac OS X.
  • Versións para Solaris Sparc, x86 con e sen JRE.
  • Ademais do código fonte para aqueles que prefiran compilalo.
 
Páxina de descargas de OpenOffice.org:
http://download.openoffice.org

Máis información en:
http://www.openoffice.org





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...