| Rexistro libre de propiedade intelectual en internet |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 04 de Outubro do 2007 | |
|
As empresas españolas Safe Creative e NTT Europe Online acaban de crear o servizo web 2.0 de rexistro, depósito, certificación e consulta de dereitos de propiedade intelectual en Internet, co nome de www.safecreative.org.
Segundo os seus creadores, todos os autores poden "rexistrar e depositar as súas obras en calquera formato de xeito gratuíta", de tal forma que "o sistema permite ao blogger rexistrar os seus artigos automaticamente cando son publicados". Este servizo "global, libre, aberto, independente e gratuíto", aporta "seguridade" no novo escenario de difusión da cultura, e facilita a "autoxestión de dereitos mediante a modalidade" copyright ou copyleft que se prefira. Ademais dificulta o plaxio das obras e facilita a difusión e coñecemento dos artistas. Safe Creative conta cunha plataforma tecnolóxica e unha infraestrutura proporcionada por NTT Europe Online capaz de ofrecer a máxima velocidade, fiabilidade e seguridade para dar a esta iniciativa «única» a posibilidade de estenderse e converterse nun modelo de rexistro de alcance global. Fonte: La Flecha.net Artigos relacionados
|





















