| Record do Firefox 3 con 8,3 millóns de descargas |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Xoves, 19 de Xuño do 2008 | |
|
Mozilla Foundation apuntouse unha gran vitoria na súa pugna con Microsoft ao rexistrar máis de 8,3 millóns de descargas en todo o mundo da súa nova versión do navegador Firefox 3. A cifra, que se podía seguir en tempo real nunha páxina web preparada ao efecto por esta comunidade, alcanzouse durante o bautizado Download Day. Mozilla Foundation previra unha cifra próxima aos cinco millóns, cos que xa batería a chamada marca Guinness de descargas dunha aplicación desde internet. Coa anterior versión, o Firefox 2, acadou as 3,4 millóns de descargas no seu primeiro día de presenza no mercado, en outubro do ano 2006. EE UU foi o país do mundo onde o impacto do Firefox 3 foi maior, ao alcanzarse os 2,57 millóns de descargas. A continuación situouse Alemaña con 663.000 e Xapón con 403.000. En cuarta posición do ranking mundial implicáronse os usuarios españois, que baixaron 298.000 unidades, excedendo a países cunha poboación maior como Reino Unido, con 295.000 descargas, e Francia con 290.000.Estes resultados poden contribuír a fortalecer a expansión de Mozilla Foundation no segmento dos navegadores de internet. Antes do lanzamento da nova versión, a cota de mercado global de Firefox era do 17%, por baixo do 72% do Explorer de Microsoft e por encima do 5% do Safari de Apple. Os creadores de Firefox, que recordan que Explorer controlaba máis do 95% deste mercado a principios desta década (tras a derrota final do Netscape) aspiran a que o seu navegador supere a cota do 20% en todo o mundo e se achegue á que ten en Europa actualmente, que rolda o 25%. En España, Firefox ten en torno ao 22% do mercado de navegadores de internet. Firefox en galego A descarga do Firefox en Galicia foi acompañada en moitos casos pola descarga do paquete de idioma en galego para a nova versión do navegador creado por Mancomún. Este paquete adianta os traballos de tradución que se están a realizar para a creación da versión oficial do galego, que podería estar dispoñible entorno ao 25 de xullo. Fonte: Cinco días Artigos relacionados |





















