|
Publicada a versión 1.0 de ImpressCMS |
|
|
|
|
escrito por mancomun.org
o Venres, 04 de Abril do 2008 |
ImpressCMS 1.0 é a primeira versión estable deste xestor de contidos (CMS) desenvolvido pola comunidade e que foi liberado o pasado mes. Esta ferramenta permite o mantemento dun sitio web dun xeito sinxelo e ideal para unha ampla gama de usuarios, dende grandes empresas ata usuarios que queren ter un simple blogue.
Características máis reseñables de ImpressCMS:
- Modular, os contidos da sitio web están xestionados por separados a través de módulos. Só é necesario instalar o módulo o cal conta coas características desexadas: foros, novas, álbum, módulos terceiros, ...
- Soporte para base de datos, para o almacenamento dos contidos emprega MySQL pero en breve soportará outros xestores de base de datos.
- Xestión de usuarios, os usuarios rexistrados empregan o sistema de ImpressCMS ou LDAP.
- Seguridade, os usuarios poden ser restrinxidos por IP, outras características de seguridade do backend, sistema de tokens de seguridade nos formularios e máis.
- Personalización de usuarios, perfís de usuario, selección de temas para o sitio por parte dos usuarios, ...
- Soporte de idiomas multi-byte, japonés, chino simplificado, coreano, ...
- Sistema de temas para personalización da interface
Esta primeira versión, co nome en código “Janus”, está desenvolvida en PHP e MySQL, e licenzada baixo GNU/GPLv2.
Fonte: ImpressCMS
Artigos relacionados
|