Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Publicada a axenda do OpenJavaDay
Publicada a axenda do OpenJavaDay PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 30 de Maio do 2008
Xa se fixo pública a axenda do OpenJavaDay, un evento sobre tecnoloxía Java creado pola comunidade e para a comunidade. Celebrarase os días 26 e 27 de xuño, na Universidade Complutense de Madrid, un encontro que constitúe a undécima edición en España deste evento para desenvolvedores. O evento celebrarase de modo paralelo ao OpenSolarisDay.
 
Concibido como un foro aberto de carácter tecnolóxico, reunirá aos principais expertos para que compartan as últimas novidades sobre Groovy, NetBeans, Glassfish, Spring, Java Content Repository, aplicacións RIA, OpenSolaris, OpenJDK, BPEL, OpenESB e SOA entre outras moitas.

O evento constará tanto de relatorios como de talleres aos cales os asistentes poderán levar o seu propio portátil e, guiados polos organizadores do taller, poderán iniciarse nalgunha nova tecnoloxía ou framework. Tamén se celebrará unha mesa redonda sobre frameworks web e anunciarase o gañador da competición JavaCup 2008. O rexistro é gratuito e a axenda do evento pódese consultar dende aquí.

Fonte: Java Hispano





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement