Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Premio Chris Nicol de Software Libre de APC 2007

Formulario de acceso






Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes unha conta? Crea unha
Servizos Mancomun.org
Servizos Mancomun.org
Premio Chris Nicol de Software Libre de APC 2007 PDF Imprimir Correo-e
escrito por mancomun.org o Venres, 01 de Setembro do 2006
O Premio Chris Nicol de Software Libre, de APC, é un recoñecemento ás iniciativas que axudan á xente común a empezar a usar o Software Libre. Este premio está dirixido a individuos ou grupos dedicados a facer do Software Libre unha ferramenta accesible para calquera persoa que use unha computadora.
 
O premio consiste en 4.000$ que poden dividirse entre dúas iniciativas como máximo, segundo o criterio do xurado...

No premio están buscando iniciativas que:

  • melloran o acceso, o coñecemento ou a usabilidade do Software Libre
  • están orientadas ao usuario
  • están debidamente documentadas, de modo que outras persoas poidan aprender dese modelo e replicalo
  • se pode demostrar o seu impacto pois xeraron un incremento no número de persoas que utilizan Software Libre nas súas actividades diarias

O premio está aberto para:

Os proxectos que apoian ou promoven un Software Libre orientado ao usuario. Pode presentarse calquera organización, grupo ou individuo de calquera parte do mundo. O formulario de aplicación debe enviarse en inglés ou en español, pero iso non implica ningunha restrición en canto á lingua orixinal do proxecto.

É necesario cumprimentar o formulario en liña para presentar candidaturas ao Premio Chris Nicol de Software Libre de APC 2007.

O prazo para presentar iniciativas vence o 30 de marzo de 2007.

 

Fonte: http://www.apc.org  





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



Servizos Mancomun.org

Servizos Mancomun.org

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...