Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Pivot, un framework Java para o desenvolvemento de aplicacións web e de escritorio
Pivot, un framework Java para o desenvolvemento de aplicacións web e de escritorio PDF Imprimir Correo-e
o Luns, 16 de Xuño do 2008
Pivot é un framework de código aberto, baixo licenza Apache 2.0, para a construción de aplicacións multiplataforma de alta calidade, tanto para a web coma para o escritorio. Comezou coma un esforzo de R&D VMware e agora está dispoñible para a comunidade de desenvolvedores que desexen construír as súas aplicacións cliente en Java.

As aplicacións Pivot escríbense facendo uso da linguaxe de programación Java e unha especificación XML para Pivot podendo executarse como applets ou coma aplicacións de escritorio independentes (stand-alone). 

Pivot foi implementado pensando nos desenvolvedores web que teñen experiencia con aplicacións Ajax usando HTML, CSS e javascript, ofertando na súa API un conxunto de componentes más ricos que os dispoñibles no propio estándar HTML. Pivot tamén é familiar para os desenvolvedores Swing, xa que tanto Swing coma Pivot están baseadas en Java2D e empregan unha arquitectura MVC. Sen embargo Pivot inclúe características adicionais que facilitan a construción de aplicacións gráficas máis facilmente, integración con servizos web, data binding, ...

Dende a web do proxecto está dispoñible unha demo dos compoñentes que se poden empregar con Pivot. Para comezar a traballar con Pivot compre botarlle unha ollada ao seguinte titorial:
https://pivot.dev.java.net/nonav/tutorials/index.html




ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados




Servizos Mancomun.org

Eventos

Agosto 2008 Setembro 2008 Outubro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30          

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement