| OWASP LiveCD, distribución para probas de seguridade |
|
|
|
|
OWASP, acrónimo de Open Web Application Security Project, é un proxecto de código aberto dedicado a determinar e combater as causas que fan que o software sexa inseguro. A Fundación OWASP é un organismo sen ánimo de lucro que apoia e xestiona os proxectos e infraestrutura de OWASP. A comunidade OWASP está formada por empresas, organizacións educativas e particulares de todo mundo. Xuntos constitúen unha comunidade de seguridade informática que traballa para crear artigos, metodoloxías, documentación, ferramentas e tecnoloxías que se liberan e poden ser usadas de balde por calquera. A versión beta 2.1 de OWASP LiveCD, denominada “LabRat”, está dispoñible para a súa descarga dende a páxina do proxecto. O obxectivo desta distribución portable é ter unha solución para que os profesionais que fan probas, administradores de seguridade, estudiantes ou calquera outra persoa interesada na seguridade informática poidan realizar o seu traballo dun xeito máis sinxelo e estandarizado. Entre os proxectos incluídos no CD están:
Artigos relacionados
|








OWASP LiveCD












