| Opera libera Dragonfly, un depurador de javascript para WebKit |
|
|
|
| escrito por mancomun.org o Mércores, 07 de Maio do 2008 | |
|
Opera vén de liberar a primeira alpha da súa nova ferramenta de desenvolvemento web, Opera Dragonfly, baixo licenza BSD. Esta versión está destinada a desenvolvedores ou xente que queira probar o seu funcionamento reportando os erros ou suxestión conseguindo mellorar e retroalimentar o proxecto.
O desenvolvemento de Opera Dragonfly fíxose dende cero tendo en mente a posibilidade de depurar aplicacións Web sobre dispositivos remotos.
A próxima versión (a alfa-2) estará dispoñible co lanzamento de Kestrel, nome en código de Opera 9.5, coas seguintes melloras:
Pódese descargar o código fonte para o seu uso e estudio podendo contribuír a outros proxectos como Firebug ou Drosera. Artigos relacionados |
























