Menu Content/Inhalt
» Inicio arrow » Arquivo de novas arrow Outras novas arrow Opera libera Dragonfly, un depurador de javascript para WebKit
Opera libera Dragonfly, un depurador de javascript para WebKit PDF Imprimir Correo-e
o Mércores, 07 de Maio do 2008

Opera vén de liberar a primeira alpha da súa nova ferramenta de desenvolvemento web, Opera Dragonfly, baixo licenza BSD. Esta versión está destinada a desenvolvedores ou xente que queira probar o seu funcionamento reportando os erros ou suxestión conseguindo mellorar e retroalimentar o proxecto.


A fundación de Opera Dragonfly traballou durante máis de dous anos e as fases que ten completadas son:

  • Entrevistas con desenvolvedores web para coñecer o uso das ferramentas de desenvolvemento e deseñar a nova ferramenta.
  • Primeiros prototipos para o inspector da árbore DOM e DOM snapshot.
  • Implementación do protocolo Scope.
  • Desenvolvemento das novas características para o depurador de Javascript e inspector de CSS/DOM.
O desenvolvemento de Opera Dragonfly fíxose dende cero tendo en mente a posibilidade de depurar aplicacións Web sobre dispositivos remotos.
A próxima versión (a alfa-2) estará dispoñible co lanzamento de Kestrel, nome en código de Opera 9.5, coas seguintes melloras:
  • Mellora da manipulación dos fíos no depurador de JavaScript.
  • Edición en liña de CSS.
  • Infraestrutura de localización.
  • Mellorar a depuración remota.

Pódese descargar o código fonte para o seu uso e estudio podendo contribuír a outros proxectos como Firebug ou Drosera.





ChuzaMeneameDel.icio.us!

Artigos relacionados



 

Servizos Mancomun.org

Eventos

Xullo 2008 Agosto 2008 Setembro 2008
Lu Ma Xo Ve Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Destacado en A Forxa

Recuperando estatísticas ...
Advertisement